PASO SOTERRADO
As obras contaron cun plan de humanización da contorna, co obxectivo de integrar o río Miño na cidade, a través da zona do Carme e conseguir unha cidade máis verde, sostible e moderna.
O paso soterrado foi construído de novo. Aumentouse a súa altura e anchura, para diminuír o efecto túnel que tiña o anterior paso. Esta ampliación, unida á forma en que se acondicionou, supuxo unha gran mellora estética e ofrece sensación de máis seguridade.
O proxecto incluíu:- a pavimentación dunha senda peoníl de 335 metros coa dotación dun valado, que se levou a cabo coa mesma tipoloxía de peche que o existente.
- a dotación de novo alumeamento e servizos na N-VI.