CARRIL BICI
A primeira senda verde ciclista da cidade que permite percorrer e completar un circuíto de 14 quilómetros de lonxitude, co fin de unir a trama urbana da cidade co río Miño gañando máis espazos para as persoas, conecta Lugo de oeste a este e de norte a sur, a través da unión de 8 barrios.
O seu obxectivo é que a veciñanza lucense poida acostumarse a usar a bicicleta como medio de transporte no día a día, polo que no seu deseño primou a seguridade e a cohesión interna, tanto en distancia como en tempo. Enmárcase na aposta por un modelo de cidade máis sostible, amable, e transitable, favorecendo unha mobilidade activa e promocionando hábitos saudables.
De cor verde, combinará carrís segregados de tráfico nas rúas con maior ancho con viarios de coexistencia, onde se reducirá a velocidade dos vehículos.