TANXURELA
(PASARELA PEONIL N-VI)
Trátase dunha pasarela de pavimento antiescorregadizo e de arco metálico rebaixado,
apoiada en dous estribos de formigón, circulares de 1,5 metros de diámetro, que á súa vez serven de apoio ás ramplas de acceso, tamén metálicas e con trazado helicoidal.
Con esta moderna infraestrutura, créase un novo itinerario para peóns e bicicletas, que favorece o acceso dende o centro urbano coa contorna fluvial do Miño, a área deportiva do Anxo Carro e as instalacións municipais, salvando a Nacional VI, co fin de reducir a dependencia do uso do vehículo para mellorar a seguridade viaria e acadar unha mobilidade menos contaminante e máis saudable, xa que ata o momento so existían accesos peonís mediante pasos inferiores.