CAMIÑO PRIMITIVO E VÍA ROMANA XIX
A mellora e humanización do Camiño Primitivo, recoñecido como Ben de Interese Cultural, e da Vía Romana XIX ao seu paso polo barrio do Carme, redunda na posta en valor deste enclave, determinante da historia, cultura e patrimonio de Lugo, non só pola súa gran beleza natural senón porque nel conflúen varias áreas protexidas como son a Muralla e a Ponte Romana.
Ademais da recuperación dos camiños, o proxecto incluíu:
- a dotación de máis seguridade no seu trazado a través da instalación de alumeado público, valados, e sinalización do percorrido.
- a recuperación dos pavimentos e doutros elementos singulares.
Desta maneira, o Concello de Lugo busca fomentar o uso da zona por parte dos peregrinos e da veciñanza, impulsando ambas as dúas rutas e o conxunto do patrimonio lucense.