PLAN REHABILITA
Programa socio-laboral na que o Concello de Lugo ofreceu formación e preparación a 27 persoas,
Co seu traballo contribuíron a poñer en valor distintos puntos da cidade, axudando a mellorar o patrimonio lucense , un dos grandes obxectivos deste programa. O Concello puxera en marcha unha campaña de participación cidadá para a selección das obras a realizar, a través da cal os lucenses podían presentar as súas propostas e solicitudes. Unha vez seleccionadas, os participantes foron distribuídos en tres brigadas:
- cachotería e pavimentación
- xardinería e arranxos ambientais
- mobiliario e infraestruturas urbanas
que se encargaron de executar as obras. Traballo que fixeron durante seis meses.